Cultura

Cultura

- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ver localización

Nadal Cultural

Nadal Cultural

No Nadal, un tempo festivo e de lecer, en Carballo existe unha oferta cultural diversa, pensada para todos os públicos pero na que os máis pequenos son os protagonistas.

O Nadal Cultural, un programa resultado da colaboración entre varias entidades e a Concellaría de Cultura, desenvólvese cada ano entre os meses de decembro e xaneiro e agrupa un nutrido número de actividades que abranguen exposicións, o Festival de Panxoliñas de Nadal, teatro ou a visita do Apalpador e a tradicional Cabalgata dos Reis Magos. Tamén hai obradoiros, cine e o popular Festival Nadal Pequespectacular, no que se inclúen espectáculos de música, danza, maxia, ou teatro especialmente dirixidos aos máis cativos e cativas no auditorio do Pazo da Cultura.


Así mesmo, cada ano o cartel oficial e a postal de felicitación do Concello escóllense a través dun concurso no que participan os alumnos e alumnas dos centros escolares carballeses.

Compartir: