Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Pase público do proxecto artístico "O inevitable" coa participación de veciñas e veciños de Carballo

Xoves 23 de novembro do 2017 20.30 horas - Pazo da Cultura

O programa Residencias Paraíso seleccionou sete proxectos de danza para a súa primeira edición, organizada polo Colectivo RPM co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) co obxectivo de impulsar a investigación e a creación arredor das artes do movemento. Residencias Paraíso conta tamén coa colaboración dos concellos de Carballo, A Coruña, Lugo, Narón e Ourense, que ceden os espazos onde se desenvolven as estadías artísticas. Un deses proxectos, O inevitable, é o dos creadores escénicos Borja Fernández e Diego Anido, que ocupan o Pazo de Cultura durante a súa residencia, do 6 ao 24 de novembro. 

Dentro dese proxecto, e despois de varias xornadas de traballo cun grupo de carballesas e carballeses, o xoves 23 ás 20.30 horas terá lugar no auditorio do Pazo da Cultura un pase gratuíto e aberto a todo o público interesado.

Compartir: