Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

FIOT: estrea de "O tolleito de Inishmaan" de Coproducións

Do venres 14 de outubro ata o sábado 15 de outubro do 2016 Pazo da Cultura - 21.00 h.

O tolleito de Inishmaan

O FIOT coproduce coa compañía galega Coproducións "O tolleito de Inishmaan", con texto de Cándido Pazó baseado nun libreto do autor irlandés Martin McDonagh. Inishmaan podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo illado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles, un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro. Esta comedia negra na que as cousas non son o que parecen atraparanos no seu humor e tenrura.

O venres 14 de outubro é a estrea e o sábado 15 é a primeira función para o público do FIOT. A partir das 21.00 horas. Duración aproximada do espectáculo, 115 minutos. Entrada: 7 euros.

Compartir: