Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Xornada Cultural da Escola de Idiomas

Venres 26 de abril do 2024 Pazo da Cultura

O profesorado da Escola de Idiomas de Carballo organiza a Xornada Cultural o venres 26 de abril no Pazo da Cultura. Coma en edicións anteriores, ofrécese ao alumnado do centro a posibilidade de participar en distintas actividades lúdicas de aprendizaxe nos idiomas alemán, francés e inglés: desde unha experiencia de misterio (francés) e un par de escape rooms (francés e inglés), ata unha sesión de primeiros auxilios (alemán), unha hora de xogos (inglés), unha visita guiada ao arte mural da capital bergantiñá (inglés)...

Este ano, ademais, ponse en marcha a iniciativa Deporte é saúde, coa que se pretende dar a coñecer deportes que non gozan da popularidade doutros coma o fútbol, baloncesto, tenis...; desta volta, abrimos a porta ao tiro con arco da man do especialista Víctor Romero, que proporcionará todo o material necesario e explicará as regras da práctica desta actividade.

A Xornada Cultural remata coa Merenda internacional: cada docente elabora un doce ou prato do país cuxa lingua ensina para que o alumnado cate a pracer; ademais, as receitas estarán á súa disposición xunto a cada manxar, sempre na lingua correspondente, é dicir, alemán, francés ou inglés.

Compartir: