Cultura

Cultura

- 2024 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
11
12
13
14
15
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Conferencia da xornalista e escritora Patricia Godes

Sábado 2 de decembro do 2023 19.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

As actividades organizadas polo Concello de Carballo arredor do 25N chegan á súa fin esta semana cunha proposta da Concellaría de Bibliotecas, un obradoiro-conferencia musical no que contaremos coa xornalista e escritora Patricia Godes e a compositora musical e intérprete portuguesa Rita Braga.

Mulleres, música, historia e sociedade é o título da conferencia que ofrecerá Patricia Godes. Xornalista, escritora, tradutora e conferenciante, foi pioneira en darlle valor e respecto ao xéneros máis humildes e menosprezados pola crítica musical, ademais de reivindicar o protagonismo das mulleres na música. Desenvolveu o seu labor radiofónico, entre outras, en Onda Cero e Radio 3. Como especialista en periodismo cultural, tén colaborado en prensa escrita en Diario Público, El País, El Mundo ou eldiario.es. Ademais ten publicados varios libros sobre música e cultura popular, elaborou a Guía do Madrid da Movida e unha Guía Musical de Londres.

Precisamente, en Carballo estará acompañada musicalmente por Rita Braga, compositora e intérprete portuguesa, que ao longo da súa carreira ten realizado xiras por toda Europa, Estados Unidos, Brasil, Australia e Xapón.

Ao longo da conferencia-obradoiro, Patricia Godes fará un rigoroso repaso á historia da música gravada dende a perspectiva de xénero, salpicado de anécdotas, provocación e reflexión. Así mesmo, resaltará as figuras femininas máis famosas e decisivas, analizando ao mesmo tempo o significado das súas achegas.

Compartir: