Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Exposición "O Xestal, unha vida de conto"

Do mércores 11 de outubro ata o xoves 4 de xaneiro do 2024 16.30 a 21.00 horas - Pazo da Cultura

Dentro das actividades do Ano do Xestal, e no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), a sala de exposicións do andar -1 do Pazo da Cultura acolle unha exposición sobre Carlos Díaz Gestal. O Xestal, unha vida de conto, fai un percorrido pola vida e a obra dun persoeiro marcado por numerosas contradicións, que acadou a fama e morreu na miseria, que marcou un estilo que deixou pegada no xeito de contar, que contribuíu á recuperación de pezas claves do noso folclore, que se implicou nas loitas sociais da época e que mesmo estivo na cadea como castigo á súa homosexualidade.

A exposición será inaugurada o mércores 11 de outubro coas intervencións de Alberto Sueiro, presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte; Cristina Abelleira, coordinadora das actividades do Ano do Xestal, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo. Durante os vindeiros meses está previsto organizar visitas guiadas.

Compartir: