Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Milagros Cotelo e Mon Lendoiro presentan "Montanacos"

Do martes 20 de xuño ata o luns 31 de xullo do 2023 16.30 a 21.00 horas - Pazo da Cultura

O collage é unha técnica artística que consiste en ensamblar diversos elementos nun todo unificado. O termo aplícase sobre todo á pintura, pero por extensión pode referirse a calquera outra manifestación artística, como música, cine, literatura ou vídeo. Na pintura, un collage pode estar composto enteiramente ou só en parte por fotografías, madeira, coiro, xornais, revistas, obxectos cotiáns, etc.

En Montanacos (obxecto atopado) dous dos artistas carballeses máis versátiles, Milagros Cotelo e Mon Lendoiro, fan unha pequena homenaxe a este estilo artístico tan lonxevo e rico en matices a través de dúas visións ben distintas, unha máis xeométrica que xoga co espazo do soporte e outra máis ilustrativa, combinando as imaxes entre si e de xeito harmonioso.

Compartir: