Cultura

Cultura

- 2022 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Los labios apretados", novo documental sobre os movementos mineiros

Xoves 26 de maio do 2022 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

A Concellaría de Cultura organiza, arredor do 1º de maio, un ciclo de documentais sobre o movemento obreiro nas cuncas mineiras. Precisamente este ano conmemórase o 60º aniversario da folga mineira de Asturias de 1962, que durou dous meses e que serviu coma detonante para outras folgas en todo o territorio nacional que mobilizaron a máis de 300.000 obreiros.

Los labios apretados é un documental baseado nos feitos sucedidos durante a revolución de 1934.

Sinopse: En 2005, Sergio, o fillo dun mineiro asturiano emprende unha viaxe a Bos Aires sen saber que, en paralelo, inicia outra viaxe: a da memoria. Alí descobre un acontecemento histórico de talla mundial que ocorreu á beira da súa casa: a revolución de Asturias de 1934. E en ningunha clase de Historia lle contaran nada… O mozo navega a ámbolos dous lados do océano perseguindo o ronsel daquela revolución, que, aínda que escoitou nomear algunha vez aos anciáns do seu pobo natal, descoñece por completo.

A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Compartir: