Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Entrega de premios do Concurso de Cartel e Programa de Nadal

Sábado 18 de decembro do 2021 18.00 horas - Pazo da Cultura

O 18 de decembro, nun acto aberto ao público que se celebrará no Auditorio do Pazo da Cultura, entregaremos os premios do Concurso de Cartel e Programa de Nadal, convocado pola Concellaría de Cultura.

O primeiro premio, que ilustrará o cartel do Nadal Cultural e que consiste nun agasallo valorado en 175 euros, correspondeu a Emma Queaires Rey, de 5 anos e alumna do CEIP Plurilingüe A Cristina. Tal como establecen as bases, o centro escolar ao que pertenza o/a gañador/a deste galardón recibirá tamén 150 euros en material didáctico. Este ano, polo tanto, o premio é para o CEIP A Cristina.

O segundo premio, valorado en 100 euros, é para Olivia Lema Canedo, de 8 anos e alumna do CEIP Bergantiños. O seu debuxo ilustrará a postal co programa do Nadal Cultural.

Así mesmo, o xurado acordou conceder os seguintes accésits, por un valor aproximado de 60 euros:

  • Noa Suárez García, 11 anos do CEIP Fogar
  • Marta Pérez Varela, 3 anos, do CEIP Gándara-Sofán
  • Julia Sabrina Borja Sánchez, 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero
  • Breixo Domínguez Cambre, 8 anos, do CEIP Gándara-Sofán
  • Roi Villar García, 8 anos, do CEIP Bergantiños

Compartir: