Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Os ratos de Lonxedetodo preparan a súa "Viaxe a Brasil"

Mércores 13 de febreiro do 2019 17:00 - 18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Esta semana os ratos de Lonxedetodo regresarán a Carballo para seguir compartindo cos/as máis peques da casa historias incribles e aventuras interminables!

Nesta ocasión, a gran Lilí Gruyère e o seu amigo Fuco, ratos de biblioteca, están facendo preparativos para viaxar a Brasil: repasan cancións brasileiras, ensaian bailes e contan contos dese país, destacando os lazos lingüísticos que o unen a Galicia, dando a coñecer a obra de dous autores de referencia: Monteiro Lobato (pai da literatura infantil brasileira) e Eliardo França. Non faltedes! Ímolo pasar.....xenial!!Bule e reserva xa o teu convite.

Público: Infantil e familiar
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo. É necesario reservar convite
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir: