O "Teatro en Ruta" chega a Verdillo
Domingo 18 de novembro do 2018 19.00 horas - Centro social de Verdillo
A compañía de teatro carballesa Vagalume Animación está de xira polo noso concello para achegar o teatro aos centros sociais de cinco parrquias grazas á iniciativa Teatro en Ruta, promovida desde a Concellaría de Cultura.
Este domingo chegará a Verdillo disposta a sorprender ao público coa representación da obra Canto te quero e unha posta en escena que non deixará indiferente a ninguén. Valo perder?
Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Vagalume Animación Grupo de Teatro