Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Trópico de Grelos encherá as rúas de ritmos afrobasileiros

Sábado 17 de novembro do 2018 19:30 horas - Rúa Fomento (Ponte do Río Anllóns)

O Bloco Afro é un dos espectáculos de rúa máis soados de Trópico de Grelos, que teremos o privilexio de ver e escoitar dentro da programación de arte contemporánea Somos rúa, facemos arte.  A súa cadencia crea un ambiente tinguido de rotundidade e ritmos alegres de Salvador de Bahía, que fan deste desfile musical unha auténtica festa que convida ao público a bailar e a participar de maneira moi activa.

A presenza marcada dos seus ritmos efervescentes, acompañado de animadas coreografías, non deixará indiferente a niguén, desde a Rúa Gomento ata a Praza do Concello. O estilo co que se tocan os instrumentos, lembra o carácter ceremonial dun espectáculo feito principalmente para deixar a un lado os problemas e involucrarse, de xeito natural, entre repiques e coreografías. Apúntaste?

Compartir: