Cultura

Cultura

- 2020 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Coa estrea da catalana "Wasted" péchase a 9ª edición do ciclo OTNI

Venres 26 de outubro do 2018 21:00 horas - Salón de actos Pazo da Cultura

Edu, Carlota e Dani quedaron na árbore de Toni. Hoxe fai dez anos que morreu. E entre birras e fume xorden as lembranzas. Que querían facer eles cando tiñan 15 anos? Odian no que se converteron, curro, piso, cochecan-piscina. Verse pouco cos colegas. E botar de menos o que eran antes. Reencontros, abrazos, segredos,... unha noite eterna demasiado curta. A obra da dramaturga, poetisa e rapeira británica Kate Tempest, é un drama xeracional, o reencontro entre tres amigos decepcionados polos seus soños, que intentan recuperar os lazos que os unían e unha xuventude perdida.

Cunha linguaxe moi fresca, próxima ao rap, a compañía catalana Íntims Produccions interpela directamente ao espectador, xogando con el arredor dun drama xeracional e integrándoo na escena para compartir un mesmo espazo. Dirixida por Iván Morales, que xa formou parte do OTNI hai uns anos con Sé de un lugar, Wasted convértese nunha experiencia intensa e fascinante no seu debut sobre os escenarios de toda Galicia. 

Intérpretes: Oriol Esquerda, Sandra Pujol e Xavier Teixidó Movemento: Pablo Molinero e David Climent (Los Corderos) Asesoramento vocal: Pau Llonch Fotografía e vídeo: Moledro House Espazo escénico; Marc Salicrú Espazo sonoro: Ilia Mayer Iluminación: Miki Arbizu Axudante de dirección: Rafa Rodríguez Tradución: Martí Sales Adaptación: Iván Morales 

Público: Recomendada para maiores de 14 anos
Entrada: 5 €
Duración: 70 min.

Programación FIOT27

Compartir: