Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

As Olimpíadas Diversiforum reuniron no Fórum Carballo a usuarios e usuarias de catro entidades sociais

Xoves 21 de setembro do 2023

O Fórum Carballo foi hoxe o escenario duns xogos moi especiais: as Olimpíadas Diversiforum, unha iniciativa do obradoiro de emprego Fórum Dual coordinada polo alumnado de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, e na que participaron catro entidades sociais que desenvolven a súa actividade no noso concello.

Usuarios e usuarias de Afaber, Aspaber, APEM e Íntegro, acompañados por técnicos e coidadores, participaron nunha serie de probas por equipos que nos permitiu comprobar que se atopan en moi boa forma. De feito, entre os membros do equipo gañador das Olimpíadas Diversiforum atopábase unha centenaria!

A entrega de medallas aos gañadores, e de agasallos para todas as persoas participantes puxo fin á competición deportiva, pero aínda os agardaba unha recompensa máis: uns deliciosos petiscos elaborados polo alumnado do curso de cociña.

Compartir: