Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ

O alcalde recibiu aos nenos saharauís que pasan o verán en Carballo e ás familias que os acollen

Luns 31 de xullo do 2023

O alcalde, Evencio Ferrero,  e a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures,  recibiron hoxe aos dous nenos saharauís que pasan as súas Vacacións en paz no noso concello, no que lles desexaron unha feliz estancia.

As dúas familias que os acollen xa teñen experiencias anteriores, tan satisfactorias para elas como para os propios nenos, que están encantados de estar aquí e de descubrir cousas tan boas como a tortilla de pataca.

Á recepción asistiu tamén a coordinadora do programa de acollemento na comarca de Bergantiños, Eva Lema, en representación da ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharauí.

Compartir: