Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Oferta de actividades no Espazo Xove de Carballo

Mércores 26 de xullo do 2023

A Xunta publicou a oferta de actividades nos 12 Espazos Xoves dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para este verán. Trátase dunha serie de obradoiros de carácter lúdico e formativo cos que se lle dan posibilidades á mocidade galega para o seu ocio estival ao tempo que se facilita a conciliación das familias. Están dirixidos á mocidade a partir dos 12 anos e preferentemente ata os 16 anos.

Esta programación inclúe obradoiros presenciais, vinculados a diferentes ámbitos: escape room, skate, ilustración, maquillaxe artística, teatro, robótica, escritura creativa, danza, audiovisual, radio, cómic, obradoiros de natureza e obradoiros artísticos manipulativos. Desenvolveranse nos 12 Espazos Xoves da Xunta: Curtis, Carballo, Noia, Betanzos, Pontedeume, Ourense, Tui, Lalín, Vilagarcía, Viveiro, Vilalba e Chantada.

A inscrición pode realizarse a través das canles habituais de contacto con cada Espazo Xove (presencial, teléfono ou correo electrónico).

Compartir: