Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Aberto o prazo para presentar as solicitudes dos bonos dixitais

Mércores 26 de xullo do 2023

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a cidadanía, código de procedemento AP400A.

A iniciativa, enmarcada no programa estatal ÚNICO Bono Social, permitirá a persoas ou familias vulnerables contratar ou mellorar a conexión á bandalonga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración mensualidade ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.

As persoas que soliciten os bonos deberán levar a cabo a contratación ou mellora dun servizo fixo de banda larga, cunha velocidade mínima de 30Mbps, a través dunha destas entidades colaboradoras.

Poden consultarse as entidades colaboradoras a través do rexistro de operadores colaboradores accesible nas seguintes ligazóns:

Se ben as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AP400A&ano=2023&numpub=1) ou ben de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, recoméndase a presentación telemática a través dunha persoa autorizada, como pode ser o persoal dos servizos sociais comunitarios xa que dispón dun formulario habilitado expresamente ao efecto na plataforma HSUE: https://hsue.xunta.gal

Información sobre o procedemento

Bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables - AP400A (nova)
Pódese ver mais información no documento “20230711 - Bonos dixitais.doc” Bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables - AP400A (convocatoria)

Compartir: