Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

A Concellaría de Igualdade organiza unha xornada sobre violencia de xénero para distintos colectivos

O programa, que se desenvolverá o día 30, inclúe unha sesión de formación a cargo de Marina Marroquí

Luns 15 de novembro do 2021

Dentro do programa de actividades deseñado pola Concellaría de Igualdade arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o martes 30 celebrarase no Fórum Carballo unha xornada para profesionais nas que se abordará a violencia de xénero dende diferentes puntos de vista. A iniciativa vai especialmente dirixida a traballadores/as da sanidade, a docencia, as forzas de seguridade, a xustiza, os servizos sociais, entre outras e outros profesionais que traballan con vítimas de violencia de xénero.

As xornadas serán inauguradas ás 09.15 horas polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

A formación para profesionais dende a perspectiva da vítima, da que se encargará Marina Marroquí, experta en violencia de xénero e presidenta de AIVIG (Asociación ilicitana contra a violencia de xénero), centrará boa parte da mañá, dende as 09.30 ata o descanso das 11.30.

Para as 12.00 horas está prevista a presentación das Quendas de atención psicolóxica e social as vítimas de violencia de xénero de Galicia a cargo dos seus coordinadores, Rubén Villar Trenco e Nerea Fernández Gómez.

O último relatorio da mañá correrá a cargo de Beatriz Núñez Vázquez, abogada e vogal da Subcomisión de violencia sobre a muller do Consello Xeral da Avogacía Española, que dará a coñecer as novidades sobre a asistencia letrada ás vítimas de violencia de xénero.

A concelleira de Igualdade, Maica Ures, pechará a xornada ás 14.30 horas.

Inscríbete no seguinte formulario

Ligazóns



Galería

Compartir: