Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Axudas para a obtención dos permisos de condución clases B, C e D da mocidade galega inscrita no SNGX

Venres 30 de setembro do 2022

Ata o 28 de outubro de 2022 está aberto o prazo de solicitude das axudas para a obtención dos permisos de condución clases B, C e D por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

O gasto subvencionable é a suma a tanto alzado de obtención dos permisos de condución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.Contía da axuda

  • 400 € para a obtención do permiso de condución de clase B.
  • 650 € para o permiso de clase C.
  • 1.300 euros para o permiso de clase D.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de dous ou dos tres permisos.

As axudas van destinadas a persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

  1. Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.
  2. Estar empadroadas na CA de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  3. Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da CA de Galicia.
  4. Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

A obtención desta subvención é compatible con outras outorgadas coa mesma finalidade por todo tipo de organismos públicos ou privados nacionais, da UE ou de organismos internacionais, sen que en ningún caso o seu importe poida ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da obtención do permiso de condución que se solicite.

Solicitude (anexo I) presencial ou tramitación en liña, coa seguinte documentación:

  1. Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/os carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido. Esta xustificación debe conter a data de obtención do permiso, que debe estar no intervalo entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
  2. O/os certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima exixida, no caso de que a última variación do padrón sexa inferior a un ano.
  3. Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación para a obtención do/dos permiso/s de conducir obxecto da solicitude).
  4. Anexo III (cuestionarios relativos aos indicadores de produtividade e de resultado inmediato).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

Compartir: