Axudas a entidades para a atención de persoas adultas con necesidades educativas especiais
Mércores 25 de maio do 2022
Orden ECI/1305/2005, de 20 de abril, de bases reguladoras de la concesión de subvenciones públicas en régimen de concurrencia competitiva (BOE do 12/5/2005).
Convocatoria 2022-23
Extracto da Resolución do 18 de maio 2022 da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan subvencións a entidades privadas sen fins de lucro para a realización de actuacións dirixidas á atención educativa de persoas adultas que presenten necesidades educativas especiais durante o curso escolar 2022-23. (BOE nº 120 de 20/05/2022)
Obxecto
Subvencionar a realización de actuacións, no ámbito estatal ou supra autonómico, dirixidas á atención educativa de persoas adultas que presenten necesidades educativas especiais, entendidas -de acordo co artigo 73 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación- como aquelas que requiran determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta, tales como:
- Desenvolvemento das capacidades e adquisición das competencias básicas.
- Promoción do desenvolvemento integral en aspectos tales como a calidad de vida, autodeterminación, estimulación cognitiva, comunicación, habilidades persoais e sociais, coñecemento e exercicio dos dereitos das persoas con discapacidade, interdependencia, vida autónoma e independiente.
- Participación e inclusión plenas en todos os eidos da sociedade.
- Mantemento da súa su actualización nos ámbitos educativo, social, persoal, cultural e laboral, de acordo coas súas expectativas, necesidades e intereses.
- Orientación, preparación e inserción laboral.
- Reforzo no uso das tecnoloxías da información e a comunicación.
Beneficiarias
Entidades privadas sen fins de lucro, legalmente constituídas, radicadas en España, cuxo ámbito de actuación sexa estatal ou abrangue máis dunha Comunidade Autónoma e que realicen actuacións dirixidas á atención educativa de persoas adultas que presenten necesidades educativas especiais.
Contía
A contía máxima individual de subvención por entidade é de 30.000 euros.
Documentación
Solicitude na Sede electrónica
Prazo de presentación
15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto no BOE. Ata as 14:30h do 10 de xuño de 2022.
Lugar de presentación
En cualquera das dependencias contempladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Consulta as oficinas de rexistro
Máis información
Web do Ministerio de Educación y Formación Profesional
Información administrativa