Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión

Martes 17 de agosto do 2021

O departamento de Servizos Sociais de Carballo continúa a tramitar as axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión.

Obxecto

Axudar ao pagamento da factura eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social e, deste xeito, asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.

A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 300 €/ano, ou de 450 €/ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as correspondentes facturas á Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Persoas beneficiarias

Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.

Requisitos

  1. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Ser o titular do contrato de subministración eléctrica. (Ás persoas en aluguer asístelles o dereito a solicitaren ser titulares das submnistracións da vivenda alugada)
  3. Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.
  4. Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais.
  5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (23 de xaneiro) e rematará o 31 de outubro de 2021 (2 de novembro de 2021 por ser o primeiro día hábil).

Compartir: