Inicio Carballo ao día Axenda

Axenda


Eu quero Razo Baldaio

Segredos culturais da costa carballesa

Mércores 6 de xullo do 2022 De 10:30 h a 13:30 h no Espazo de natureza de Oza euqueroRB

Ruta itinerante de carácter interpretativo en bus, pasando poos lugares de interese cultural máis importantes das parroquias de Oza, Razo, Lema, Rebordelos, Noicela e Vilela.

Eu quero Razo Baldaio

Obradoiro de pegadas e indicios

Do sábado 9 de xullo ata o domingo 10 de xullo do 2022 De 10:30 h a 13:30 h no Espazo de natureza de Oza euqueroRB

Dúas xornadas para o achegamento básico ás especies máis salientables da nosa fauna autóctona a través de métodos non invasivos como o estudo das pegadas e indicios que nos van deixando os animáis.

Explorando as pozas da marea

Mércores 13 de xullo do 2022 10:30 - 13:30horas - Parking praia de Razo euqueroRB

Achega e descuberta das pozas de marea, microhábitats costeiros que acollen unha interesante biodiversidade; peixes, crustaceos, algas, etc.

Eu quero Razo Baldaio

Xornada de eliminación de invasoras

Mércores 20 de xullo do 2022 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio euqueroRB

Actividade para a eliminación de especies exóticas invasoras presentes en Razo Baldaio prestando especial interese a aquelas especies que poidan ser máis perxudiciais para o ecosistema.

Eu quero Razo Baldaio

A noite das avelaíñas

Mércores 27 de xullo do 2022 De 22:00 h a 01:00 h no aparcadoiro da praia de Baldaio euqueroRB

Descuberta do abraiante mundo das bolboretas nocturnas: Identificación e observación das especies presentes no espazo natural de Baldaio, mediante a posta en práctica de técnicas de estudo baseadas na luz.

Eu quero Razo Baldaio

Flora e fauna das contornas dunares

Mércores 3 de agosto do 2022 De 18:30 h a 21:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio euqueroRB

Baldaio áchase coma un espazo natural chea de vida, no que crecen , repousan, se alimentan e crían unha gran variedade de especies, que merecen ser coñecidas e respetadas.

Eu quero Razo Baldaio

Roteiro nocturno

Sábado 13 de agosto do 2022 De 22:30 h a 01:30 h no Espazo da Natureza de Oza euqueroRB

Andaina nocturna que terá como marco a paisaxe noctura da costa dende Monte Neme e o achegamento básico a elementos salientables que saen na noite, como as estrelas, os anfibios. Visitaremos a Eira das Meigas.

Noite de astronomía

Venres 19 de agosto do 2022 Baldaio euqueroRB

Dende a Ponte de Baldaio, os participantes poderán recibir as nocións básicas para poder desfrutar de observación das estrelas.

Eu quero Razo Baldaio

As orixes da costa de Carballo

Sábado 20 de agosto do 2022 De 10:30 h a 13:30 h en Razo, fronte ao Bar Cordobés euqueroRB

Ruta xeolóxica de carácter interpretativo visitando o spuntos máis interesantes da costa. Faias, praia fósil, ou a formación da lagoa son alúns dos puntos salientables deste percorrido.

Simulacro de cetáceos

Xoves 25 de agosto do 2022 De 10:30 a 13:30 h na praia de Razo euqueroRB

O colectivo CEMMA faranos unha actividade na que aprenderemos como un grupo de persoas debe intervir no caso de que se atope un cetáceo varado na beira do mar.

Compartir:


- 2021 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
5
6
7
9