Inicio Carballo ao día Axenda Reunión de persoas interesadas en formar...

Reunión de persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntariado do FIOT 2017

Mércores 6 de setembro do 2017 19.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

O mércores 6 celebrarase unha reunión coas persoas interesadas en participar como voluntarias/os no FIOT 2017. O encontro terá lugar no Pazo da Cultura a partir das 19.30 h. O único requisito para ser voluntario é ter unha idade mínima de 18 anos. Cada participante debe cubrir unha ficha indicando a súa dispoñibilidade horaria e de datas, así como as súas preferencias.
 
As tarefas céntranse na atención ao público, tanto na recepción como en sala e no conxunto de actividades do festival (Ciclo OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, etc.). Tamén poden prestar apoio puntual na billeteira e na recepción de compañías teatrais e os seus compoñentes.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31