Inicio Carballo ao día Axenda FIOT: "Eroski Paraíso" coa...

FIOT: "Eroski Paraíso" coa compañía galega Grupo Chévere

Venres 21 de outubro do 2016 Pazo da Cultura - 21.00 h. Cultura

Eroski Paraíso

Eroski Paraíso

Unha parella coñécese a finais dos 80 na sala de festas Paraíso de Muros. Paraíso pechou e vinte e cinco anos despois Eva traballa no supermercado dunha gran cadea que abriu no mesmo local.A historia que separa aquela sala de festas do supermercado cóntase dende a mirada dunha filla, mirando aos seus pais a través do obxectivo dunha cámara, tratando de reconstruír a vida que nunca chegaron a ter e a transformación da nosa realidade máis próxima nestes últimos 25 anos.

Tras recibir o Premio Nacional de Teatro, esta é a primeira produción desta compañía que naceu un par de anos antes que o FIOT e participou na nosa primeira edición co mítico Río Bravo, e que é esencial para entender a nosa realidade social, política e cultural. Ao finalizar o espectáculo farase entrega do Xograr de Outono FIOT 2016 a Miguel de Lira.

No Pazo da Cultura a partir das 21.00 horas. Duración aproximada do espectáculo, 90 minutos. Entrada 7 euros.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4