Inicio Carballo ao día Axenda Ciclo OTNI: estrea en Galicia de...

Ciclo OTNI: estrea en Galicia de "Micro-Shakespeare" con Laitrum Teatre

Venres 21 de outubro do 2016 Pazo da Cultura - De 17.30 a 20.30 h. Cultura

Micro-Shakespeare con Laitrum Teatre

Micro-Shakespeare con Laitrum Teatre

Os grandes clásicos de Shakespeare HamletMacbethRomeo e XulietaA tempestade e Soño dunha noite de verán condensados en 8 minutos e todos xuntos no Pazo da Cultura.Ti serás o protagonista deste espectáculo de teatro de obxectos, xa que a participación dos espectadores é imprescindible nesta instalación de teatriños concibidos como pequenas obras de arte cunha dramaturxia adaptada e creada para que interactúe o público. Só hai que poñerse uns auriculares e deixarse levar por unhas instrucións, dispoñibles en cinco idiomas.

A compañía catalana Laitrum Teatre caracterízase pola busca dunha posta en escena pouco habitual e innovadora para descubrir diversas xeitos de ver as artes escénicas e remover as emocións e sensacións dos espectadores, en especial investigando as diferentes sensibilidades dos obxectos comúns.

Estrea en Galicia. Sesiósn de 17.30 a 20.30 horas. Pases de 8 minutos. Entrada libre.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4