Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro para maiores: "Mil e unha...

Obradoiro para maiores: "Mil e unha historias para contar"

Xoves 13 de outubro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 17.00h Cultura

Mil e unha historias para contar

A Biblioteca Rego da Balsa organiza o obradorio "Mil e unha historias para contar". Neste taller dirixido a persoas maiores, falaremos sobre a forma de transmisión de historias e contos que existía antes. Logo, o equipo da Biblioteca Rego da Balsa ensinaralles ferramentas novas para poder facer chegar eses relatos ás novas xeracións dun xeito diferente.

Este sesión servirá para que os maiores aprendan técnicas novas, pero tamén nos obsequiarán cun montón de coñecementos que poderemos poñer en práctica posteriormente. Un obradoiro de aprendizaxe nas dúas direccións, un obradoiro para que as historias de sempre non se perdan no esquecemento.

Para poder participar nesta actividade é preciso inscribirse chamando ao 981 758 580 ou ben mandar un correo electrónico a <biblioteca@carballo.org>.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31