Inicio Carballo ao día Axenda FIOT: "Rinconete y Cortadillo" de...

FIOT: "Rinconete y Cortadillo" de Sexpeare Teatro

Domingo 9 de outubro do 2016 Pazo da Cultura - 21.00 h. Cultura

Sexpeare Teatro

Sexpeare Teatro

Os verdadeiros Pedro del Rincón e Diego Cortado queren axustar contas con Cervantes por ter publicado ás súas costas un episodio fugaz das súas vidas pero que os condenou por sempre a responder á imaxe de pícaros. Un éxito de xuventude do que nunca se puideron recuperar. Como o Gordo e o Fraco ou Os Pecos, Rinconete e Cortadillo deben seguir xuntos para sobrevivir. Quizais agora chegou a ocasión de limpar o seu nome.

Alberto Conejero, dramaturgo que está destacando como unha das voces máis singulares e talentosas da autoría nacional, recentemente recoñecido co Max, continúa o misterioso final da novela exemplar de Cervantes con esta enxeñosa comedia sobre a picaresca, a amizade e a loita entre a realidade e a ficción cos que Cervantes dou paso á modernidade.

A partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura. Entrada 7 euros. Duración aproximada: 90 minutos.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31