Inicio Carballo ao día Axenda Fiotiño: Obradoiro de Pequexornalistas

Fiotiño: Obradoiro de Pequexornalistas

Sábado 1 de outubro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 10.30h. Cultura

Imaxe do Fiotiño 2015

Fiotiño 2015

Durante todo o FIOT (Festival Internacional Outoño de Teatro) os máis pequenos e pequenas farán un seguimento informativo do festival e, ao tempo que aprenden a redactar novas, coñecerán de primeira man o mundo escénico. Tomaranlle o pulso ao teatro en Carballo. Entrevistarán aos actores que veñen ao festival, aprenderán a retratalos e prepararán un xornal que estará á disposición de todo o público para que gardemos un fermoso recordo documental da visión dos cativos sobre esta edición tan festiva do FIOT. Será os días 1, 15 e 22 de outubro.

Máximo 15 prazas; para nenos e nenas a partir de 10 anos.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4