Inicio Carballo ao día Axenda Rúa dos Contos: Celso Sanmartín...

Rúa dos Contos: Celso Sanmartín actúa na Cafetaría Colón

Sábado 1 de outubro do 2016 Cafetaría Colón - 0.00 h. Cultura

Celso Sanmartín

Celso Sanmartín

Celso Sanmartín é un dos mellores contadores galegos. Recompilador e contador de historias, Sanmartín é único na recollida de contos de sempre, e sente devoción polos mestres da oralidade, as persoas maiores. Nas súas contadas transmite a paixón que sente por esas historias. O seu repertorio está composto por esas memorias ligadas a tradición oral galega.

Díxolle un día Isaac Díaz Pardo “Dinme que es contador. Serás contador do que hai”, e segundo di Celso, el non o podería dicir mellor. Iso é o que fai. E cando o escoitamos atrápanos co seu falar pousado, co misterio das súas historias, coa forza da emoción e co humor. Un luxo que non se pode perder.

Na Cafetaría Colón a partir das 0.00 horas. Entrada gratuíta.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4