Inicio Carballo ao día Axenda XIX Festival Xiria Pop

XIX Festival Xiria Pop

Do venres 23 de setembro ata o sábado 24 de setembro do 2016 Sala Dublín - 21.30 h. Cultura

Xiria Pop

A Sala Dublín acolle o Festival Xiria Pop, unha cita que leva 19 anos recollendo o mellor a música máis alternativa para todo o público de Carballo e da contorna. O concerto do venres, que comeza ás 22.30 horas, ten como principal atractivo a Vic Godard, chegado dende Londres, un pioneiro do punk que agora exerce de carteiro e que de cando en cando decide ofrecer concertos para agasallar coa súa música a uns poucos afortunados.

O sábado unha das sorpresas para pechar a noite serán os Shaggy Dogs, de París, un grupo con moitas gañas de festa. Iso sí, farano con puntualidade, así que o sábado non vos atrasedes á hora de ir á Dublín porque os concertos comezarán ás 21.30 horas.

Información sobre o cartaz completo do festival: aquí.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31