1º Torneo Aberto de Xadrez Concello de Carballo
Sábado 17 de setembro do 2016 Mercado Municipal - 16.00 h. Deporte
Carballo celebra o seu primeiro torneo de xadrez, no que pode participar calquera veciño ou veciña que o desexe que sexa afecionado ou afeccionada ao xadrez, xa que non é preciso estar federado/a ou pertencer a algún club para anotarse. A cita está organizada polo Club de Xadrez Toque Xiria coa colaboración do Concello.
O sistema de xogo é suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores de 16.00 a 20.30 horas. Repartiranse ata 800 euros en premios!