Inicio Carballo ao día Axenda Arte na rúa

Arte na rúa

Sábado 10 de setembro do 2016 Xardín Municipal - A partir das 12.00 h. Cultura

Arte na rúa

Cartaz de Arte na rúa

Carballo transfórmase un ano máis da man da arte grazas a Arte na Rúa, unha iniciativa da Asociación Crea Formas Artísticas coa colaboración do Concello na que a vila vive durante todo un día por e para o mundo da arte e da creatividade. Creadores e creadoras do municipio, pero tamén da comarca, únense para ofrecer o mellor do seu traballo, pero tamén para ensinarlle aos demáis como dar renda solta á súa imaxinación. Música, danza, literatura, exposicións, obradoiros, exhibicións... e moito máis para poder unir a todas as disciplinas artísticas nun mesmo espazo.

A cita, de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas no Xardín Municipal.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4