Inicio Carballo ao día Axenda A unidade móbil da Inspección...

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) para turismos está no Parque Empresarial de Bértoa do 12 ao 14 de setembro

Do luns 12 de setembro ata o mércores 14 de setembro do 2016 Polígono de Bértoa - A partir das 9.00h.

Inspección Técnica de Vehículos

O Concello de Carballo informa de que a unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) para TURISMOS visita o Parque Empresarial de Bértoa o luns 12, martes 13 e mércores 14 de setembro. O horario habitual de atención será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas agás o mércores 14 de setembro en que será só pola mañá de 9.00 a 13.30 horas. Os interesados e interesadas poden achegarse neses horarios para realizar a inspección ou solicitar cita previa no teléfono 902 30 90 00 ou na páxina web <www.sycitv.com> no apartado de "Cita previa".

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31