Inicio Carballo ao día Axenda Proxección na Biblioteca Rego da Balsa da...

Proxección na Biblioteca Rego da Balsa da película O club da calceta

Xoves 1 de setembro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 19.00h Cultura

O club da calceta

O club da calceta

A Biblioteca Rego da Balsa acolle a proxección do filme O Club da Calceta, producido pola TVG e baseado na obra homónima de María Reimóndez. Hai uns meses este libro protagonizou o Club de Lectura da biblio, que tivo moi boas críticas nas persoas participantes, polo que agora o público poderá seguir gozando na historia en forma audiovisual.

Nela, cinco mulleres de diferente condición, idade e orixe social viven as súas ordinarias vidas cheas de conflictos e frustacións, pero aínda así hai algo que as aproxima, esa unión que crea o Club da Calceta. De balde a partir das 19.00 horas.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31