Inicio Carballo ao día Axenda Campaña "Separemos ben, reciclaremos...

Campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" na praia de Razo

Domingo 21 de agosto do 2016 Razo - De 12.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 19.00 h.

Praia de Razo

Praia de Razo

A Praia de Razo acolle a campaña Separemos ben, reciclaremos mellor na que unha aula móbil Sogama estará no areal con dous monitores ambientais que se encargarán de explicar aos veciños e veciñas as pautas para unha adecuada recollida selectiva de residuos, tratando deste xeito mellorar a concienciación ambiental da veciñanza. Ademais, para os máis cativos e cativas, haberá un inchable e o xogo de Reciclaxe de Sogama.

Por último, unha ecopatrulla formada por dous monitores ambientais percorrerá a praia de Razo sensibilizando aos presentes e facendo recollidas simbólicas de residuos. O horario previsto da actividade é de 12.00 a 14.00 h. pola mañá e de 16.00 a 19.00 h. pola tarde.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31