Inicio Carballo ao día Axenda Noites de cine no San Cristovo: Atrapa la bandera

Noites de cine no San Cristovo: Atrapa la bandera

Mércores 17 de agosto do 2016 Praza do San Cristovo - 22.00 h. Cultura

Atrapa la bandera

As noites de cine do Verán Cultural visitan a capital municipal, neste caso o San Cristovo, coa proxección da película de animación Atrapa la bandera. Richard Carson, un ambicioso multimillonario, quere apropiarse da Lúa e explotar a fonte de enerxía limpa e real do futuro, o Helio 3. Para iso, deberá borrar da Historia a xesta dos astronautas do Apolo XI e os seus famosos primeiros pasos polo satélite, algo que o 40 por cento da poboación mundial cre que é mentira. E o único capaz de impedir que se salga coa súa é un simpático e decidido surfero de 12 anos, Mike Goldwing. A película está recomendada para todos os públicos e conta cunha duración aproximada de 91 minutos.

A cita, a partir das 22.00 horas na Praza do San Cristovo.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31