Inicio Carballo ao día Axenda Presentación da novela "DisParo"...

Presentación da novela "DisParo" de María Canosa

Xoves 21 de xullo do 2016 Xardín Municipal - 21.00 h. Lingua

María Canosa

María Canosa

A primeira xornada da Praza dos Libros pecha coa presentación da novela DisParo (Ed. Embora), de María Canosa, no que a escritora e enxeñeira ceense se estrea como narradora para adultos cun libro que reflexiona sobre as vivencias do desemprego, as frustracións e as rutinas que este carrexa. A protagonista coida, día e noite, unha filla nos seus primeiros meses de vida pero, loxicamente, iso non o é todo e sente como aos poucos a asolaga a sensación frustrante de non atopar o seu sitio: non atopalo porque a sociedade teima en invisibilizar o problema e porque, malia loitar con todas as forzas, a solución non se albisca no horizonte.

A cita, a partir das 21.00 h., conta coa presenza da autora.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31