"Berro", un espectáculo de Nova Galega de Danza
Sábado 20 de abril do 2024 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura
Berro representa o baleiro que supón ser persoas soas e illadas nunha sociedade sen memoria e amosa a importancia de recuperar esa esencia ancestral –a tradición, a terra, a familia, a casa– a través da experiencia colectiva.
O prestixioso coreógrafo israelí Sharon Fridman, asina a dirección artística deste espectáculo de gran formato co que a compañía celebra o seu 20 aniversario. Entre outros, conta co bailarín Iván Villar gañador dun premio Max ou a bailarina con raíces en Carballo Alba Cotelo. A música é obra do carballés Sergio Moure de Oteyza.
Nova Galega de Danza é unha compañía de longa traxectoria, precursora na procura de novas formas de expresión que fusionen a tradición folclórica galega coa danza contemporánea. Finalista nos premios Max en diversas ocasións, a súa traxectoria foi recoñecida tamén co Premio da Cultura Galega das Artes Escénicas 2021.
Intérpretes: Inés Vieites, Estefanía Gómez, Alba Cotelo, Laura Santamariña, Ricardo Fernández, Iván Villar, Jaime Pablo Díaz
Vestiario e escenografía: Ikerne Giménez
Deseño de espazo sonoro: Alberto Beade
Iluminación: Sharon Fridman e Dani Pais
Música: Sergio Moure de Oteyza
Coreografía: Sharon Fridman – Bailaríns NGD
Dirección artística: Sharon Fridman
Dirección: Jaime Pablo Díaz
Duración: 60 minutos
Público: Adulto
Prezo da entrada: 9 € / 5 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios