Inicio Carballo ao día Axenda Educando en igualdade con Apego

Educando en igualdade con Apego

Venres 15 de marzo do 2024 17.30 horas - Antigas escolas do xardín Benestar

Nova sesión do programa “Apego en igualdade”, que se centra precisamente na educación en igualdade. As familias participantes explorarán diferentes aspectos relacionados coa socialización de xénero e como esta afecta na forma de ser, sentir e facer de modo diferente en función do sexo co que nacemos.

Actividade destinada a familias con fillos/as de 0 a 6 anos.
Desenvolverase a partir das 17.30 horas nas antigas escolas do xardín, e haberá servizo de canguraxe sempre e cando haxa un mínimo de 10 familias interesadas. Se es unha delas debes facelo constar na inscrición. Envía os teus datos a snl@carballo.gal

Organizan as concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D