Inicio Carballo ao día Axenda Concerto da Orquestra de Corda do CMUS

Concerto da Orquestra de Corda do CMUS

Venres 15 de marzo do 2024 19.00 horas - Centro social de Oza Educación Conservatorio

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo (CMUS Carballo) ten en marcha un ciclo de concertos por distintas parroquias. Despois das actuacións realizadas en Cances, Entrecruces e Lema, este é o calendario para os vindeiros meses.  

  • 15 de marzo: Orquestra de corda en Oza
  • 11 de abril: Conxunto de vento-madeira en Sísamo
  • 10 de maio: Banda infantil en Ardaña
  • 30 de maio: Conxunto de vento-metal en Imende (Noicela)
A entrada é libre e de balde, xa que o obxectivo é achegar a toda a veciñanza unha oferta musical de calidade, ao tempo que poñemos en valor o excelente traballo que está a facer o conservatorio. Todos os concertos comezarán ás 19.00 horas.

CMUS en Ruta, organizado polo Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo, conta coa colaboración das asociacións San Campio de Cances, San Xens de Entrecruces, Ría de Lema, Escola do Alprende de Oza, Santiago Apóstol de Sísamo e Consello Parroquial de Noicela-Rebordelos.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D