Inicio Carballo ao día Axenda Últimas entradas para os Ratos de...

Últimas entradas para os Ratos de Lonxedetodo

Mércores 31 de xaneiro do 2024 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

Volven os ratos de Lonxedetodo á Biblioteca Rego da Balsa co contacontos Queremos a paz. Esta actividade, destinada a crianzas con idades comprendidas entre os 4 e 8 anos, terá, coma sempre, dúas sesións (17:00 h e 18:30 h). A segunda xa está completa, pero aínda quedan prazas para as 17:00 horas.

Que historia nos van contar esta semana?
A ratiña Faifá vive en Lonxedetodo desde hai pouco tempo. Antes vivía no país de Palmira, mais tivo que fuxir de alí cos seus pais a causa da guerra. Despois dunha longa e dura viaxe atoparon novamente unha vida en paz mais viven co desexo de poderen retornar algún día á súa casa.

Inscrición telefónica previa no 981 758 580.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D