Inicio Carballo ao día Axenda "A viaxe de Lup", contos para...

"A viaxe de Lup", contos para bebés con Sole Felloza

Mércores 22 de novembro do 2023 17.00 e 18.30 horas - Mercado municipal Lingua

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o nome tan longo que lle puxera a sua nai, por iso todo o mundo chámalle Lup. Un día preparou a sua maleta e foi a dar a volta ao mundo. Un xersei, unha bufanda, uns peúgos de la, un libro de contos, unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos, un chupete… un chupete! Un chupete é una cousa para levar nunha viaxe tan divertida?

A viaxe de Lup é un espectáculo de contos con son, versos e pequenos obxetos interpretado por Sole Felloza e dirixido a familias con nenos e nenas de 1 a 3 anos de idade. A actividade forma parte do programa Apego.

Funcións ás 17.00 e ás 18.30 horas. Entrada de balde con reserva previa en snl@carballo.gal

Organiza: Concellaría de Normalización Lingüística



Compartir:


- 2024 +
- Xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
2
3
4
5
6
9
10
11
12