Inicio Carballo ao día Axenda Limpeza simultánea de ríos con Adega

Limpeza simultánea de ríos con Adega

Domingo 24 de setembro do 2023 10.30 horas - Ponte da Cepeira Participación veciñal

O Concello de Carballo participa novamente na iniciativa “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. Dende a Concellaría de Medio Ambiente convídase á veciñanza a participar desta iniciativa, que se desenvolverá este domingo, 24 de setembro, a partir das 10:30 horas, no Anllóns. O punto de encontro será a ponte da Cepeira. O remate da actividade está previsto para as 13:30 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 651 482 305 ou no enderezo electrónico m.canedo@udc.es

Unha vez realizada a presentación da actividade, na que colaborarán traballadores/as de Aspabrer, e tras dar as instrucións oportunas sobre como se debe desenvolver a limpeza, faranse diversos grupos. Todo o que se recolla será clasificado e depositado nos colectores correspondentes. Adega recompilará os datos para a realización dun informe sobre o estado dos ríos galegos.

Anímate e participa!

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31