Inicio Carballo ao día Axenda Circuíto de seguridade viaria para...

Circuíto de seguridade viaria para familias de Apego

Mércores 13 de setembro do 2023 17.00 a 19.30 horas - Mercado municipal Lingua

Os nenos e nenas que forman parte do programa Apego inaugurarán a Semana da Mobilidade cun circuíto de seguridade viaria ao que poderán levar as súas bicis, correcamiños e demais vehículos infantís!

Familias, anotádevos canto antes! E se aínda non formades parte do programa Apego achegádevos polo Servizo de Normalización Lingüística, na casa do concello, e veredes cantas cousas poderedes facer coas crianzas!

Esta é a proposta que abre a #SEM23:

  • Circuíto de seguridade viaria para nenos e nenas de ata 6 anos de idade
  • Mércores 13 de setembro
  • Planta alta do mercado municipal
  • Haberá 5 quendas de media hora de duración: 17:30 e 18:30 horas: nenos/as ata 3 anos | 17:00, 18:00 e 19:00 horas: nenos/as de 4 a 6 anos, incluídos
  • Imprescindible inscrición no 981 758 580
Vinde e non esquezades o casco!

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31