Inicio Carballo ao día Axenda O comercio local sae á rúa co...

O comercio local sae á rúa co "Mercadillo de verán"

Do venres 8 de setembro ata o domingo 10 de setembro do 2023 Rúa Jacinto Amigo Lera Promoción Económica

Mercadillo de Verán, organizado pola Concellaría de Promoción Económica coa colaboración do CCAdesenvolverase na rúa Jacinto Amigo Lera, que se converterá no gran centro comercial da vila durante toda a fin de semana, cunha ampla oferta que inclúe téxtil, calzado, complementos, agasallos, deportes, xoguetes, informática e moito máis! O comercio carballés sae á rúa cos produtos de calidade que o caracterizan e cos mellores prezos da temporada. 


Os descontos poden acadar ata o 80%, polo que este evento convértese nunha excelente oportunidade para todo o público.

Estes son os establecementos participantes, seleccionados polo propio CCA entre os seus asociados: A fragua, Akira, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Chiquikids, D&A Complementos, DV Carballo, Jorge moda, Lencería Mª José, Maker Store, Maluca Lobe, necos, O barco dos soños, Refugallo Zero, regalosyregalitos.com, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel e Zocas. Cada un deles contará coa súa propia carpa, e o resto do espazo estará ocupado polos probadores.O Mercadillo de Verán abrirá as súas portas o venres pola tarde. 

Toma nota dos horarios:

  • Venres, de 17.00 a 21.00 horas
  • Sábado, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas
  • Domingo, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 19.00 horas

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31