Inicio Carballo ao día Axenda Máis de cen parellas participantes no...

Máis de cen parellas participantes no Torneo Foliada de volei praia

Domingo 30 de xullo do 2023 Todo o día - Praia de Razo Deporte

A Coruña, Milladoiro, Abegondo, A Baña, Bueu, Arteixo, Cangas, Xenebra (Suíza), Val do Dubra, Lugo, Ribeira, Bertamiráns, Segovia, Madrid, Boiro, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ames e Puerto de Santa María (Cádiz), ademais de Carballo e comarca, son os lugares de procedencia dos/as participantes no XV Torneo Foliada Concello de Carballo, que se celebra o domingo 30 de xullo en Razo.

A Asociación Deportiva Cultural Volei Praia Costa da Morte supera unha vez máis as previsións de participación, cun cento de parellas, o que obrigará a instalar nove pistas. 

As categorías da competición son súper mini, sub 14 masculina e feminina, sub 18 masculina e feminina, sénior masculina, feminina e mixta, e súper 80 masculina e mixta.

Este ano, como novidade, haberá un torneo foliada en categoría familiar, que se celebrará o 20 de agosto e no que xa están inscritas máis de vinte parellas. Nesta competición poderán participar pais, nais, fillos, fillas, tíos, tías, primos, primas, avós, avoas... coa única condición de que entre os/as participantes haxa unha diferenza de idade mínima de 20 anos.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D