Inicio Carballo ao día Axenda Feira de Emprego da Cámara da Coruña

Feira de Emprego da Cámara da Coruña

Martes 30 de maio do 2023 09.00 a 14.00 horas - Fórum Carballo Promoción Económica

A Cámara da Coruña reunirá a empresas de diferentes sectores con procesos de selección abertos na décimo terceira edición da súa Feira de Emprego, que terá lugar o 30 de maio no Fórum Carballo. Participará, como nas anteriores edicións, unha boa representación de compañías de diferentes sectores con procesos de selección abertos como é o caso de Gadisa, Grupo Gestán, Genesal, Grupo Calvo ou Imán Temporing ETT, entre outras.

A xornada está deseñada para que os mozos poidan asistir tamén a talleres nos que se abordarán estratexias útiles para participar en procesos de selección. Por un lado, María Dolores Serrano, Orientadora Laboral do Concello de Carballo, explicará aos asistentes como se encarga a Bolsa de Traballo (BDT) do Concello da xestión das candidaturas para participar en procesos de selección. Ademais, Covadonga Abril, Ceo de Talentiers, empresa dedicada a acompañar e asesorar a mulleres emprendedoras, realizará un taller sobre o valor da tecnoloxía na procura de emprego.

Durante toda a xornada estará dispoñible un servizo de asesoramento para aqueles mozos que soliciten información sobre a que empresa dirixirse e optimizar así a súa participación neste encontro. As persoas interesadas poden inscribirse, de forma gratuíta, na web da Cámara ou solicitar información chamando ao 981 21 60 72, de 9:00 a 14:00 horas.

Compartir:


- 2024 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D