Pregón de San Xoán a cargo da xornalista Edelmira Rodríguez Carracedo
Mércores 22 de xuño do 2016 Praza do Concello - 20.30 h. Cultura San Xoán 2016
Banda Municipal de Carballo
A Semana Grande do San Xoán arrinca oficialmente o mércores 22 de xuño co tradicional Concerto da Banda Municipal de Carballo a partir das 20.30 h. e co Pregón de San Xoán a cargo da xornalista carballesa Edelmira Rodríguez Carracedo a partir das 21.00 h.
Edelmira Rodríguez Carracedo, natural de Sofán e agora directora de Antena de Castela-A Mancha Televisión, desempeñou distintos cargos en TVE e Telecinco, neste último caso como subdirectora de programas. Mantense así a tradición de escoller a unha persoa de Carballo, relevante polo seu labor profesional, como a encargada de abrir o programa das festas.