Inicio Carballo ao día Axenda "O cole de Lonxedetodo", contacontos...

"O cole de Lonxedetodo", contacontos teatral de TrinkeTrinke

Mércores 6 de abril do 2022 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming Cultura

Nesta ocasión o rato Fuco vai lembrar o seu primeiro día de escola, o medo que tivo que vencer ao despegarse da súa mamá e como descubriu que ir á escola era gratificante. Repasará na práctica algunhas das actividades escolares que máis lle gustan: modelar, recortar, pintar, cantar e, por suposto, contar contos.

Espectáculo da Compañía TrinkeTrinke Teatro para nenos e nenas de 4 a 8 anos, acompañados/as por unha persoa adulta. Para asistir é preciso reservar entrada, de balde, chamando por teléfono á Biblioteca Rego da Balsa (981758580), en horario de 10.00 a 20.00, dende a semana anterior. Elixe a sesión á que prefires asistir.

As funcións retransmitiranse en streaming a través das redes sociais.

Organiza: Concellaría de Cultura – Bibliotecas de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4