Inicio Carballo ao día Axenda "Un home con lentes de pasta", con...

"Un home con lentes de pasta", con Redrum Teatro

Venres 25 de marzo do 2022 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Un home con lentes de pasta é un espectáculo de Redrum Teatro que forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Sinpose: Sheyla acaba de ser abandonada pola súa parella. Laura e Fer quérena animar para que aproveite a oportunidade e faga realidade os desexos que aparcara: escribir. Traerán a cear a Guillerme. El é o poeta capaz de namorar a calquera cuns breves versos. Pero a Guillerme non lle van satisfacer as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. Guillerme desexa algo máis. Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren, as súas vidas penden dun fío, afóganse na dúbida, algo que Guillerme non vai desaproveitar.

Esta comedia estreada en Barcelona no 2010 recibiu o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out no 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada ao mellor texto catalán nos Premios Max do 2011.

Elenco: Guillermo Carbajo, Sheyla Fariña, Laura Míguez, Fernando González
Dirección e tradución: Alex Sampayo
Texto: Jordi Casanovas
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía: Redrum Teatro
Música e espazo sonoro: Davide González
Caracterización: María Illobre
Fotografías: Alex Sampayo e Borja Villaronga
Asistencia técnica: Borja Villaronga
Prensa: Alberto Ramos
Distribución: Guillermo Carbajo

Duración: 75 min
Público: A partir de 13 anos
Prezo da entrada: 4 € / 3 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31